Ese é o título do relatorio que darei para Igaciencia no seu IV Congreso de Software Libre para Educación que terá lugar no CNTG (Santiago de Compostela) os días 1 e 2 de xullo de 2015, en horario de 10 a 14 h e de 16 a 20 horas.
Abordarei a actualización da Lei de Propiedade Intelectual (LPI) xunta á gran polémica xerada, abrindo debates nas diversas partes afectadas, incluido o ensino. Listados de ligazóns web, dereitos irrenunciables, compensacións económicas a cargo dos Presupostos do Estado, maiores restricións á reprodución de obras…
Darei unha perspectiva histórica dos dereitos autorais ata os nosos dias xunto a unha revisión da recente actualización da LPI para, en definitiva, favorecer o debate especialmente entre profesionais do ensino ao redor do acceso ao coñecemento como valor e dereito fundamental.
Compartirei estas xornadas con ponencias e obradoiros variados dos que destaco apenas algúns:
- Escornabots, Rafael Couto
- Raspberry Pi con Python e sensores, Manuel Diaz
- Arduino e Creación de Música Electrónica. Horacio González Diéguez
- …
1 comentario en «A polémica actualización da Lei de Propiedade Intelectual»