Blockchain foi aplicado por primeira vez en xaneiro de 2009 como parte esencial do funcionamento de Bitcoin, a primeira e máis famosa criptomoeda. Súas funcionalidades abriron un vasto conxunto de posibilidades para optimizar calquera actividade. Poderá Blockchain facilitar tamén a tan cobizada xestión do copyright?
Advirto que este artigo apenas pretende explicar a persoas neófitas ou até leigas en criptoeconomía que é e como podería axudar Blockchain na xestión do copyright. Por tanto, dou por sentado que se asumen algunhas imprecisións e tamén terminoloxías. Insisto no obxectivo: anunciar que existen múltiples iniciativas para a xestión do copyright nun mundo cada vez máis dixital.
As tecnoloxías da información e internet afectaron (e de feito siguen a facelo) á maioría de sectores económicos. Somos testigos dunha xigantesca disrupción respecto ao mundo analóxico tradiconal. Presaxiaron un mundo dixital e o certo é que nos atopamos nese mundo no que todo é dixitalizable ou está a camiño de selo.
Perante aquel escenario incipiente, como non sentirse tentados a posicionarse canto antes? A promesa era a descentralización e eliminación de intermediarios: calquera podería escribir e ser lido ou facer innúmeras fotografías, retocalalas e ofrecelas a nivel planetario e sen sair de casa!, moi tentador. E o mesmo é valido para calquera outra oferta cultural como a música ou o cine.
Que aconteceu?
Con internet a centralización foi aínda maior que antes e os novos intermediarios moito máis ricos. Case todo pasa polos xigantes Google (YouTube, Maps…), Facebook (Instagram e Whatsapp son tamén da súa propiedade), Microsoft e Apple. Traballamos gratuitamente para estes magnates a cambio de buscas, correos electrónicos, publicación accesible de traballos, sistemas operativos pechados con acceso aos nosos datos, servizos na nube (Dropbox)… e todo gratis (ou case pois o custe adoita ser a nosa privacidade).
Pero aínda hai máis! A oferta cultural adentrouse en internet sen antes resolver un dos maiores problemas: os bens dixitais son copiables cun par de clics. A industria cultural parecía obvialo e, peor aínda (ao meu humilde parecer), adicáronse a perseguir aos seus clientes, é dicir, a “todo o mundo”, pleiteando ante o avance de tecnoloxías P2P ou o copiado das súas obras en vez de investir en I+D para acadar unha xusta remuneración e á vez solucionar o problema de que todo é “infinitamente” copiable (tamén coñecido como dobre gasto).
Porén, resulta curioso que fóra do ámbito cultural xurdira o Software Libre para loitar contra sistemas operativos pechados e, á vez, alertar sobre eses servizos gratuitos que minan ademais a nosa privacidade. As licencias Creative Commons abren algunhas mentes facilitando a apertura de obras “con algúns dereitos reservados” como alternativa ao copyright restrictivo de “todos os dereitos reservados”. E máis curioso resulta engadir que, tamén fóra do ámbito cultural, un anónimo poidera solucionar o problema do dobre gasto (non todo ten por que ser copiable ilimitadamente) grazas precisamente ao Software Libre, redes P2P e mailo uso de criptografía. Deste xeito proponse o Bitcoin en 2008, nacendo na práctica tres meses despois coa aplicación da primeira Blockchain.
Blockchain funciona como un Libro Maior contable (ledger) onde as transaccións se gravan nun rexistro público compartido en bases de datos distribuidas e inmutables pois quedan seladas progresivamente mediante mecanismos criptográficos. Deste xeito, foi posible trasladar ao mundo dixital o que acontece no físico: se merco un ben por X cantidade monetaria, deixo de ter esa X cantidade monetaria pois entregueina á parte vendedora. Acadado isto, as posibilidades que se abren van moito máis alá do propio Bitcoin ou as criptomoedas porque pode afectar a todos os sectores, incluído o cultural.
Dicía o inventor Richard Buckminster (Bucky) Fuller: “Non intentes cambiar un sistema, constrúe un novo que faga que o anterior quede obsoleto”.
Unha cuestión directa: agora que se abren vías para a remuneración das obras culturais dixitais, serán capaces os autores de unirse fuxindo dos conglomerados actuais -Google, Facebook e compañía- ou seguirán amarrados por inercia ás súas órbitas?
Remato cunha listaxe de exemplos e ligazóns con referencia a estes asuntos:
- Publish Anywhere, Monetize with Synereo: Synereo offers blockchain-enabled Attention Economy solutions, allowing direct and platform agnostic monetization of original content posted anywhere on the net.
- Rede social Steemit. Artigo: Steemit, el Reddit con criptomoneda propia que paga por publicar
- A cantante británica Imogen Heap vén de promover o emprego de Blockchain para pór o poder nas máns dos músicos. En 2016 lanzou súa canción “Tiny Human” na plataforma Ujo Music, como unha proba de concepto. A canción leva un esquema de regalías escrito no seu contrato intelixente (Smart Contract). Ese contrato describe a distribución desas regalías: todos os músicos reciben unha porción dos ingresos e seu smart contract garante que cada artista reciba a cantidad correcta. Os músicos poden saber exactamente cantas veces escoitouse a súa música e cantos cartos xerou.
- Is Bitcoin the Next Big Thing in the Fight Against Piracy?
- Binded: Perfect for photographers!
- Música y Blockchain
- Spanish Adaptation Of Blockchain Technology
- TATATU: Enjoy movies, music videos and more for free. Plus get rewarded
Se alguén ten interese en que lle axude ampliando información, pode contactar comigo usando o formulario da portada.