agrafojo renova a imaxe de tegnix.eu

Apenas unhas pinceladas aquí e acolá para percebir a clase e profesionalidade de agrafojo, estudio de deseño e comunicación visual, ademais de amigo (dos de cinco dedos da man).

Abonda con entrar no seu sitio para comprobalo, ver os seus traballos profesionais a clientes tan importantes como Olimpiadas de Barcelona, Banco Pastor, Cruz Vermella, Camiño de Santiago… Daquela, se adica unhas cuantas horas á estilización da miña marca e un remodelado ao meu sitio por amizade, é todo un privilexio.

Grazas Manuel!

Share

Consultor IT e algo máis

Economista Consultor IT, é unha das actualizacións que engadín en tegnix.eu xunto a estas outras

E sigo! Agora toca dar los derradeiros retoques á presentación para a OpenExpo 2016, escribir un artigo para o seu blog e… avanzar no proxecto actual.

 

Share

Colaborando con OpenStreetMap (OSM)

Este é un amplo e detallado conxunto de instrucións con ligazóns ofrecido por Rafa Ávila (@ravilacoya) tralo seu cursiño de introdución a OpenStreetMap durante o Hacking-Rodízio ás preguntas de Dani Espiñeira.

Pregúntome se existe a maneira, ups, perdón, pregúntome como é que se podería facer para consultar todas as ocorrencias dun “tipo de dato”, un… amenity? concreto nun espazo determinado, por exemplo, quero visualizar todos os aparcadoiros de bicis da Coruña, como fago?.

Hay varios xeitos, e depende do que queiras facer cos datos e como visualizalos.

O xeito máis fácil é cos filtros de JOSM. Descargas os datos para a área de interese, e logo filtras os datos nos que estás interesado. Aquí podes ver o resultado. Problema: se colles un área demasiado grande ou simplemente con moitos datos, o servidor OSM non chos vai a dar (obviamente, para non sobrecargar o servidor). Solución: instalar o plugin Mirrored download, e descargar con el (non ten límite, pois usa servidores espello). De feito, con ese plugin podes tamén descargar datos á carta (por exemplo, parkings de bicicletas, poñendo [amenity=bicycle_parking] no campo “XAPI query:”.

Ler máisColaborando con OpenStreetMap (OSM)

Share

Uso de cookies y aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies