Software Libre no Teletraballo

Apenas deixo o prefacio da miña contribución ao libro que publicará en breve SOBRATT baixo o título “Tomo III – Tecnologia no Teletrabalho“. Miña contribución foi en castelán, galego e portugués. Cando poda ofrecerei o contido completo. 

Nestas poucas páxinas pretendo destacar a importancia que ten o Software Libre ao ofrecer un teletraballo con garantías de seguranza e calidade, tanto para a organización como para as persoas e os datos confiados a ela.
É por iso polo que, moi resumidamente, vou presentar o Software Libre e a seguir miña experiencia co teletraballo “natural” e o teletraballo certificado.
Finalizo só presentando o que temos en España referente á normativa legal respecto ao teletraballo así como guías prácticas recomendas polo o Instituto Nacional de Ciberseguridad do goberno español.

Share

Presentación de Alastria Galicia

O luns 3 de decembro de 2018 presentarase oficialmente Alastria Galicia.

Alastria é unha asociación multi-sectorial que promove a implantación empresarial de Blockchain. En Alastria están grandes entidades, tanto públicas como privadas: Banco Santander, BBVA, Bankia, FNMT, Telefónica…

Dada a limitación do aforo, a asistencia á presentación é exclusivamente por invitación:

PRESENTACIÓN ALASTRIA EN GALICIA | WORKSHOP BLOCKCHAIN
Fecha: Lunes, 3 diciembre 2018
Lugar: Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela. Praza de Cervantes, 19, 15704 Santiago de Compostela.

Desarrollo del acto y orden de intervenciones:

10:50 horas – Recepción de asistentes.

11:00 horas – Inicio del acto.
Saludo, bienvenida y apertura del acto, por D. Francisco Conde López, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria.
Presentación institucional de Alastria, por Dña. María Parga, Consejera Directora General de Bolsas y Mercados Españoles Innova (BME Innova) y Vicepresidenta de Alastria.
Casos de uso, por Dña. Carmen Chicharro, Directora de Innovación y Marketing en Metrovacesa y Líder de la Comisión de Innovación y Talento de Alastria.

12.15 horas – Pausa café.

12:45 horas – Ponencias.
Identidad digital – D. Carlos Pastor Matut, Innovación Bolsas y Mercados Españoles y Líder de la Comisión de Identidad Digital de Alastria.
Aspectos jurídicos y económicos – D. Juan Carlos Rodríguez Maseda, Socio Fundador de Dictum Abogados.

13:30 horas – Mesa redonda.
Participan: María Parga (BME), Carmen Chicharro (Metrovacesa), Carlos Pastor (BME) y Juan Carlos Rodriguez (Dictum).
Modera: David Conde Sayans, Cofundador de Coinscrap y Senseitrade.

14:15 horas – Finalización del acto.
Clausura Luis Taboada Villamil, CEO de Qbitia y Co-representante de Alastria Galicia.

Share

Migrar unha empresa a Software Libre

Tiven a tentación de contar a miña experiencia profesional como Consultor TI Independente na OpenExpo de 2017, pero recoñezo que aínda faltaban pasos para completar o proceso de migrar a Software Libre a miña primeira empresa cliente nesta nova etapa: Bran Serigrafic. E non só faltaban pasos, senón que o proxecto era moito maior, bastante máis ca unha migración de tecnoloxías pechadas e escravizantes a outras abertas e libres. Realmente tratábase dunha modernización integral, non só tecnolóxica.

Esa modernización integral supuxo

Ler máis

Share

Forma para garantir a migración a SwL

É contrastable a cada vez maior presenza das tecnoloxías libres e abertas en servidores empresariais. Pero, por que non é paralelo este éxito na migración de postos de escritorio?migrando_a_SwL

En canto a servizos, o Software Libre (SwL) dispón dun sólido status en múltiples apartados, ofrecendo solucións seguras, estables e independentes de fornecedores. Migrar servizos engade a estos obvios beneficios, un ventaxoso saldo económico e, non menos importante, un enorme grao de transparencia do proceso. Certo, migrar servizos apenas é perceptible polo persoal da empresa. Seguirá desfrutando do seu correo-e ou unha rede optimizada sen advertir que seus servidores pasaron a basearse en SwL, máis ben ao contrario, se advirtira algo sería unha melloría xeral.

Porén, no escritorio a migración non é transparente, o persoal terá que enfrontarse a unha nova contorna. Poderá ser máis doado, directo e evidente có anterior, pero terá que enfrontarse a un cambio. E calquera cambio, pola súa propia natureza, xera un rexeite inicial. É, polo tanto, esencial incidir neste obstáculo para minimizar os efectos en todo o proceso e, deste xeito, garantir o éxito da migración de contornas de traballo onde sexa posible facelo.

Velaquí onde entra en xogo a formación. Hai que concienciar ao persoal das bondades do cambio e capacitalo para exprimir as cualidades da nova contorna. Acaso non vimos casos de migración entre distintas versións de software privativo nos que non se contou nin sequera coa opinión do persoal afectado e aínda menos ofrecendo unha mínima formación? Semella lóxico que parte do aforro que producirá o proceso migratorio, polo menos a medio prazo, sexa destinado a reducir os efectos da migración da contorna de traballo.

É máis, servirá para capacitar solidamente en tarefas diarias que non sempre foron cobertas con suficiente destreza técnica. Resulta moi doado encontrarnos a persoas traballando todo o día diante dun computador que son ineficaces buscando información, lentas na navegación, descoñecen as mínimas regras de netiqueta, crean contrasinais inseguras e, por suposto, son incapaces de asinar dixitalmente un documento.

Polo tanto, salvando os lóxicos atascos que provoca o software privativo en canto a dependencia polos seus formatos pechados e aplicativos cativos que se consideran cruciais para o correcto funcionamento da empresa, a formación capacitará ao persoal da empresa que decida migrar a SwL incrementando ademais notablemente a súa produtividade.

“O home está condenado a ser libre” Jean Paul Sartre

Nos siguintes artigos…

Abordarei os pasos que estamos dando en tegnix.eu no proxecto de migración dunha empresa industrial pragada de equipos Apple e aplicativos privativos.

Créditos da imaxe: As Salgueiras.

Artigo publicado orixinalmente para o blog de OpenExpo (en castelán).

Share

A polo que resta do 2016

Deixo a ligazón a miña breve lista de novas* que decidín salientar do verán de 2016 en materia de Software Libre, sempre exceptuando artigos excesivamente técnicos.

Xa de volta á faena preparo algunha entrada sobre redes sociais vs. traballo e outra sobre o estado da migración da empresa na que estou inmerso como consutor.

(*) As novas que vou salientando son accesibles na aba redes do menú principal deste blog ou en tegnix.eu | @brenlla en tumblr.

Share

Cómo vender Software Libre?

Cómo vender Software Libre? Por qué `hai que´ mercalo?” foi o título oficial da miña presentación na OpenExpo o pasado 2 de xuño na sala FINODEX.Vender SwL

A miña meta foi aportar unha nova perspectiva á cansina, recorrida e razoada colección de contundentes cualidades que ofrece o Software Libre (SwL). E, polo visto no público, creo que acertei e sorprendín.

Comecei presentando a miña experiencia comercial fóra do ámbito tecnolóxico, meu perfil profesional e a maneira como descubrín o SwL. Foi tal o meu entusiasmo que en pouco tempo me puxen a petar portas para divulgalo: concellos, partidos políticos no propio Parlamento de Galicia e institutos foron as primeiras.

Ler máis

Share

Uso de cookies y aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies