Migrar unha empresa a Software Libre

Tiven a tentación de contar a miña experiencia profesional como Consultor TI Independente na OpenExpo de 2017, pero recoñezo que aínda faltaban pasos para completar o proceso de migrar a Software Libre a miña primeira empresa cliente nesta nova etapa: Bran Serigrafic. E non só faltaban pasos, senón que o proxecto era moito maior, bastante máis ca unha migración de tecnoloxías pechadas e escravizantes a outras abertas e libres. Realmente tratábase dunha modernización integral, non só tecnolóxica.

Esa modernización integral supuxo

Ler máis

Share

Forma para garantir a migración a SwL

É contrastable a cada vez maior presenza das tecnoloxías libres e abertas en servidores empresariais. Pero, por que non é paralelo este éxito na migración de postos de escritorio?migrando_a_SwL

En canto a servizos, o Software Libre (SwL) dispón dun sólido status en múltiples apartados, ofrecendo solucións seguras, estables e independentes de fornecedores. Migrar servizos engade a estos obvios beneficios, un ventaxoso saldo económico e, non menos importante, un enorme grao de transparencia do proceso. Certo, migrar servizos apenas é perceptible polo persoal da empresa. Seguirá desfrutando do seu correo-e ou unha rede optimizada sen advertir que seus servidores pasaron a basearse en SwL, máis ben ao contrario, se advirtira algo sería unha melloría xeral.

Porén, no escritorio a migración non é transparente, o persoal terá que enfrontarse a unha nova contorna. Poderá ser máis doado, directo e evidente có anterior, pero terá que enfrontarse a un cambio. E calquera cambio, pola súa propia natureza, xera un rexeite inicial. É, polo tanto, esencial incidir neste obstáculo para minimizar os efectos en todo o proceso e, deste xeito, garantir o éxito da migración de contornas de traballo onde sexa posible facelo.

Velaquí onde entra en xogo a formación. Hai que concienciar ao persoal das bondades do cambio e capacitalo para exprimir as cualidades da nova contorna. Acaso non vimos casos de migración entre distintas versións de software privativo nos que non se contou nin sequera coa opinión do persoal afectado e aínda menos ofrecendo unha mínima formación? Semella lóxico que parte do aforro que producirá o proceso migratorio, polo menos a medio prazo, sexa destinado a reducir os efectos da migración da contorna de traballo.

É máis, servirá para capacitar solidamente en tarefas diarias que non sempre foron cobertas con suficiente destreza técnica. Resulta moi doado encontrarnos a persoas traballando todo o día diante dun computador que son ineficaces buscando información, lentas na navegación, descoñecen as mínimas regras de netiqueta, crean contrasinais inseguras e, por suposto, son incapaces de asinar dixitalmente un documento.

Polo tanto, salvando os lóxicos atascos que provoca o software privativo en canto a dependencia polos seus formatos pechados e aplicativos cativos que se consideran cruciais para o correcto funcionamento da empresa, a formación capacitará ao persoal da empresa que decida migrar a SwL incrementando ademais notablemente a súa produtividade.

“O home está condenado a ser libre” Jean Paul Sartre

Nos siguintes artigos…

Abordarei os pasos que estamos dando en tegnix.eu no proxecto de migración dunha empresa industrial pragada de equipos Apple e aplicativos privativos.

Créditos da imaxe: As Salgueiras.

Artigo publicado orixinalmente para o blog de OpenExpo (en castelán).

Share

Cómo vender Software Libre?

Cómo vender Software Libre? Por qué `hai que´ mercalo?” foi o título oficial da miña presentación na OpenExpo o pasado 2 de xuño na sala FINODEX.Vender SwL

A miña meta foi aportar unha nova perspectiva á cansina, recorrida e razoada colección de contundentes cualidades que ofrece o Software Libre (SwL). E, polo visto no público, creo que acertei e sorprendín.

Comecei presentando a miña experiencia comercial fóra do ámbito tecnolóxico, meu perfil profesional e a maneira como descubrín o SwL. Foi tal o meu entusiasmo que en pouco tempo me puxen a petar portas para divulgalo: concellos, partidos políticos no propio Parlamento de Galicia e institutos foron as primeiras.

Ler máis

Share

Vente á OpenExpo 2016

O 2 de xuño estarei na sala FINODEX da OpenExpo 2016 (12.55 a 13.25h) presentando “Cómo vender Software Libre?“. Queres vir? Mándame unha mensaxe empregando o formulario de contacto e terás a túa entrada de balde.OpenExpo

OpenExpo 2016, III Feira e Congreso anual sobre FLOSS e Open World Economy (Open Data e Open Innovation) terá lugar no Espazo MEEU, Ático da Estación de Chamartín (Madrí) reunindo a máis de 2.000 participantes do sector, profesionais e empresas na procura de negocio.

Vente á OpenExpo!

Share

Consultor IT e algo máis

Economista Consultor IT, é unha das actualizacións que engadín en tegnix.eu xunto a estas outras

E sigo! Agora toca dar los derradeiros retoques á presentación para a OpenExpo 2016, escribir un artigo para o seu blog e… avanzar no proxecto actual.

 

Share

Uso de cookies y aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies