Software Libre no Teletraballo

Apenas deixo o prefacio da miña contribución ao libro que publicará en breve SOBRATT baixo o título “Tomo III – Tecnologia no Teletrabalho“. Miña contribución foi en castelán, galego e portugués. Cando poda ofrecerei o contido completo. 

Nestas poucas páxinas pretendo destacar a importancia que ten o Software Libre ao ofrecer un teletraballo con garantías de seguranza e calidade, tanto para a organización como para as persoas e os datos confiados a ela.
É por iso polo que, moi resumidamente, vou presentar o Software Libre e a seguir miña experiencia co teletraballo “natural” e o teletraballo certificado.
Finalizo só presentando o que temos en España referente á normativa legal respecto ao teletraballo así como guías prácticas recomendas polo o Instituto Nacional de Ciberseguridad do goberno español.

Share

Migrar unha empresa a Software Libre

Tiven a tentación de contar a miña experiencia profesional como Consultor TI Independente na OpenExpo de 2017, pero recoñezo que aínda faltaban pasos para completar o proceso de migrar a Software Libre a miña primeira empresa cliente nesta nova etapa: Bran Serigrafic. E non só faltaban pasos, senón que o proxecto era moito maior, bastante máis ca unha migración de tecnoloxías pechadas e escravizantes a outras abertas e libres. Realmente tratábase dunha modernización integral, non só tecnolóxica.

Esa modernización integral supuxo

Ler máis

Share

Verificar ext4 ou desfragmentar ext4 ?

O paquete e2fsprogs contén un conxunto de programas para crear, escanear, verificar, reparar e manter sistemas de ficheiros ext2/3/4. Se nos atopamos con advertencias durante o arranque ou problemas serios no noso GNU/Linux con este tipo de sistema de ficheros, probablemente o primeiro a ser feito debería ser verificar ext4 e, se non fora suficiente, botar man dos demais programas que inclue e2fsprogs (instalado ou dispoñible normalmente en cualquera distro).

Dúas das tarefas máis comúns empregadas son as destinadas a defragmentar e a de verificar (e reparar) directorios ou particións completas. En cualquera destes casos, sempre se aconsella, ou mesmo se esixe, facelo cos sistemas non montados. Daquela, o ideal é empregar unha imaxe “viva“, por exemplo un usb cunha distribución GNU/Linux que permita seu uso sen ser instalada.

Desde a perspectiva do consumo de tempo, sen dúbida, a primeira operación sería verificar e reparar porque a defragmentación dura demasiado, até días se se trata de discos grandes en equipos algo desfasados.

Verificar ext4

Chequear ou verificar unha partición corresponde a procurar e solucionar problemas no sistema de arquivos. Ao comprobar unha partición tamén se intentará aumentar o sistema de arquivos para encher a partición. Emprégase cando un sistema de ficheiros journal (ext3 o ext4) apagouse incorrectamente.

Exemplo:verificar ext4

e2fsck -f -y -v -C 0 /dev/sda1

-f Forza a verificación mesmo se o sistema semella limpo
-y Asume a resposta afirmativa a todas as preguntas e, deste modo, obvia a interacción con e2fsck
-v Modo verboso, ofrece abuntante información
-C 0 Para que e2fsck imprima a evolución da súa execución (nun terminal)

Tamén podemos optar polo uso da aplicación gráfica GParted. Neste caso o proceso é o que sigue:

GParted > seleccionar partición a verificar > menú Partición > Verificar > Aplicar

Defragmentar ext4

Esta opción, insisto, consume moito tempo, ás veces até días se se selecciona un disco duro completo e ademais grande. O programa e4defrag procura a maior continuidade posible dos bloques no sistema de ficheiros, mellorando, deste xeito, a súa velocidade de acceso. É posible defragmentar una partición o simplemente un directorio o archivo.

Exemplo:

$ sudo e4defrag -c -v directorio/

-c Analiza a fragmentación actual, a ideal a ter e calcula o seu traballo baseándose nisto.
-v Imprime a fragmentación ideal para cada arquivo

En askubuntu tratan este caso: “How to defrag an ext4 filesystem“.

Share

Mixxx, software para DJs libres

Pinchadiscos, disc jockey, deejay, DJ… Hai varias denominacións empregadas para diferenciar o nível de creación artística en cada caso. Para non afondar no debate de cal é a denominación apropiada e o significado de seu do termo “creación”, decidín simplificar e xuntalas todas baixo DJs. Daquela poderei centrar o contido no Mixxx (páxina oficial), un Software Libre (en adiante, como sempre, SwL) que serve basicamente para mesturar música.mixxx_200_deere_skin

Pero Mixxx también ofrece unha variedade de funcionalidades, tanto para principiantes (empregando simplemente arquivos de MP3 con teclado, rato e auriculares) como para expertos profesionais porque inclúe ecualización, hotcues, master sync, delay, reverb, pitch, chorus, loops, mesturas automáticas, etcétera xunto á posibilidade de empregar MIDI, vinilos, CDs, sintetizadores, secuenciadores, instrumentos musicais… Ou sexa, é unha aplicación potente á vez que moi divertida.

Uso básico de Mixxx

Poño como exemplo de obxectivo inicial para o uso de Mixxx esa viaxe no que queres evitar ter que ir procurando entre cartafois o tema desexado a cada instante, axustar constantemente o volume, a súa ecualización ou, como alternativa, sofrer o modo aleatorio (random).

Para isto o primeiro, obvio, é RTFM, é dicir, le o manual ou, polo menos, consulta as partes que pretendas empregar. O segundo é dispor do mínimo necesario:

  1. Un computador con teclado, rato e Mixxx instalado. Dá igual o sistema operativo, Mixxx é SwL multiplataforma.
  2. Auriculares conectados e funcionaistraktor-dj-cable
    1. Para que os auriculares sexan funcionais é importante ter en conta que é imprescindible usar un cabo separador de canais (splitter). Mixxx certifica o Traktor DJ Cable (merqueino por 9,99€). Caso contrario, non poderás escoitar nada máis que o que estea soando nese momento, non a siguiente pista que desexas mesturar. Grazas ao splitter poderás escoitar o máster pola canle 1 e os auriculares pola canle 2. Porén, hai unha importante pega, isto separa o estéreo deixando cada unha das canles en monoaural. É demasiado pobre, considéroo apenas recomendable para casos de apuro en sesións ‘en directo’ cando algo inesperado aconteza.
    2. O ideal é engadir unha segunda tarxeta de son. Outra vez, Mixxx recomenda varias tarxetas (listadas algo máis abaixo nesa ligazón). Merquei a Behringer U-Control UCA202 por 33€. Funciona apenas a conectes por USB e configures as opcións de Mixxx para que o máster use a tarxeta externa con canles 1-2 e os auriculares a tarxeta interna con canles 1-2.uca202_p0484_left_l
  3. Axusta as demás opcións de Mixxx como a ubicación dos teus arquivos de audio (MP3, OGG, WAV) e onde queras ubicar as túas sesións de gravación de mesturas.

Listo, xa está todo preparado para usar Mixxx! Comeza o divertimento.

Conclusións sobre Mixxx

Mixxx é moi potente polo que é recomendable dispor dalgunha experiencia previa como DJ ou, se non se dispón desa experiencia, adicar algún tempo de adestramento probando opcións, gravando sesións experimentais e ir mellorando progresivamente. Seguro que moi pronto terás resultados máis que atractivos.

Un detalle que me gustaría ter en Mixxx é poder gravar as sesións por partes. Explícome, Mixxx grava sesións “en directo”. Se te equivocas e queres rectificar a enésima mestura, tés que repetir todo desde o comezo ou armarte de paciencia usando a sesión previa como se fora “en directo” ata o punto no que queiras correxir o teu erro ou, en última instancia, retocar algunha parte con outro software, por exemplo, o editor de audio Audacity.sl-1200gae-1

Polo demais, é un pracer dispor deste software e, no meu caso, unha agradable sorpresa. Hai anos fun DJ profesional (malia que apenas ocasional) empregando tres platos Technics* de arranque instantáneo que aínda é usado a cotío polos actuais DJs.

(*) Technics vs. Tegnix… imaxinades unha das razóns agochadas polas que rexistrei a marca “tegnix”? 🙂

Share

Uso de cookies y aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies