E se mudase as siglas?

Quero deixar ben claro que o titulo deste artigo non ten máis obxecto que reflictir feitos. O barrio é do PP, de feito gañou, verdade? A mesa era (case) do PP, se líchedes o texto estaredes de acordo, verdade? É dicir, se me tocara con outro grupo político, de seguro que o faría igual tan só mudando o nome do grupo.

20D (2015)
20D (2015)

Comezo este artigo co derradeiro parágrafo do titulado “Nunha mesa (case) do PP nun barrio do PP…” por se alguén pensou que ese artigo foi posto con intencións partidistas concretas. Non! Garanto que, se acontecera iso con calquera outro partido, o faría igual apenas mudando as siglas polas que correspondera cos feitos.

Valoro a miña liberdade e, desde a miña humilde condición humana, sempre aspiro a ser xusto. Daí que comezara este artigo precisamente sen comentarios previos, tan só coa cita que tiña o anterior por se alguén coas présas deulle un “Me gusta“, “Curtir“, +1… pensando tan só que era exclusivamente contra o PP. Non! Garanto que, se acontecera iso con calquera outro partido, o faría igual apenas mudando as siglas polas que correspondera cos feitos.

Para rematar, a imaxe deste artigo vén do diario La Opinión. É a proba de que o barrio efectivamente foi do PP.

Share

Deixa un comentario

Uso de cookies y aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies