Mixxx, software para DJs libres

Pinchadiscos, disc jockey, deejay, DJ… Hai varias denominacións empregadas para diferenciar o nível de creación artística en cada caso. Para non afondar no debate de cal é a denominación apropiada e o significado de seu do termo “creación”, decidín simplificar e xuntalas todas baixo DJs. Daquela poderei centrar o contido no Mixxx (páxina oficial), un Software Libre (en adiante, como sempre, SwL) que serve basicamente para mesturar música.mixxx_200_deere_skin

Pero Mixxx también ofrece unha variedade de funcionalidades, tanto para principiantes (empregando simplemente arquivos de MP3 con teclado, rato e auriculares) como para expertos profesionais porque inclúe ecualización, hotcues, master sync, delay, reverb, pitch, chorus, loops, mesturas automáticas, etcétera xunto á posibilidade de empregar MIDI, vinilos, CDs, sintetizadores, secuenciadores, instrumentos musicais… Ou sexa, é unha aplicación potente á vez que moi divertida.

Uso básico de Mixxx

Poño como exemplo de obxectivo inicial para o uso de Mixxx esa viaxe no que queres evitar ter que ir procurando entre cartafois o tema desexado a cada instante, axustar constantemente o volume, a súa ecualización ou, como alternativa, sofrer o modo aleatorio (random).

Para isto o primeiro, obvio, é RTFM, é dicir, le o manual ou, polo menos, consulta as partes que pretendas empregar. O segundo é dispor do mínimo necesario:

  1. Un computador con teclado, rato e Mixxx instalado. Dá igual o sistema operativo, Mixxx é SwL multiplataforma.
  2. Auriculares conectados e funcionaistraktor-dj-cable
    1. Para que os auriculares sexan funcionais é importante ter en conta que é imprescindible usar un cabo separador de canais (splitter). Mixxx certifica o Traktor DJ Cable (merqueino por 9,99€). Caso contrario, non poderás escoitar nada máis que o que estea soando nese momento, non a siguiente pista que desexas mesturar. Grazas ao splitter poderás escoitar o máster pola canle 1 e os auriculares pola canle 2. Porén, hai unha importante pega, isto separa o estéreo deixando cada unha das canles en monoaural. É demasiado pobre, considéroo apenas recomendable para casos de apuro en sesións ‘en directo’ cando algo inesperado aconteza.
    2. O ideal é engadir unha segunda tarxeta de son. Outra vez, Mixxx recomenda varias tarxetas (listadas algo máis abaixo nesa ligazón). Merquei a Behringer U-Control UCA202 por 33€. Funciona apenas a conectes por USB e configures as opcións de Mixxx para que o máster use a tarxeta externa con canles 1-2 e os auriculares a tarxeta interna con canles 1-2.uca202_p0484_left_l
  3. Axusta as demás opcións de Mixxx como a ubicación dos teus arquivos de audio (MP3, OGG, WAV) e onde queras ubicar as túas sesións de gravación de mesturas.

Listo, xa está todo preparado para usar Mixxx! Comeza o divertimento.

Conclusións sobre Mixxx

Mixxx é moi potente polo que é recomendable dispor dalgunha experiencia previa como DJ ou, se non se dispón desa experiencia, adicar algún tempo de adestramento probando opcións, gravando sesións experimentais e ir mellorando progresivamente. Seguro que moi pronto terás resultados máis que atractivos.

Un detalle que me gustaría ter en Mixxx é poder gravar as sesións por partes. Explícome, Mixxx grava sesións “en directo”. Se te equivocas e queres rectificar a enésima mestura, tés que repetir todo desde o comezo ou armarte de paciencia usando a sesión previa como se fora “en directo” ata o punto no que queiras correxir o teu erro ou, en última instancia, retocar algunha parte con outro software, por exemplo, o editor de audio Audacity.sl-1200gae-1

Polo demais, é un pracer dispor deste software e, no meu caso, unha agradable sorpresa. Hai anos fun DJ profesional (malia que apenas ocasional) empregando tres platos Technics* de arranque instantáneo que aínda é usado a cotío polos actuais DJs.

(*) Technics vs. Tegnix… imaxinades unha das razóns agochadas polas que rexistrei a marca “tegnix”? 🙂

Share

Deixa un comentario

Uso de cookies y aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies