… ou cando se aceptan papeletas malia perder a honra persoal. Velaquí a miña indignación polo incríble dalgúns dos feitos que a seguir detallo, todo nun barrio típicamente do PP onde o cómputo do voto foi para o PP.

Foi a miña (espero que única e) primeira experiencia nunha mesa electoral na rúa Durán Loriga da Coruña. Para quen non coñeza, é unha rúa coñecida como Wall Street pola morea de bancos que ten e a tiro de pedra dos Cantóns, ou sexa, centro-centro.
Coa emoción da miña intervención, tocoume ser vocal 2º, acordei ás 4h da madrugada e deume por ler todo o manual.
Ás 8 da mañá entramos e, sen experiencia nen axuda de ninguén, puxémonos a procurar e pór todo máis ou menos no seu lugar. Preto das 9h chegou a interventora do PP que, sen dúbida, é dicir, houbo unanimidade respecto a isto, se convertiría na protagonista do recinto. Ao pouco tamén apareceu por alí o representante de En Marea, a quen xa coñecía.
E ás 9h empezou este conto, sempre in crescendo.