A comunidade como distinción, GPUL-Labs por exemplo

Salín encantado da sesión inaugural de GPUL-Labs, e por moitas razóns. Entre elas, se cadra a máis importante, comprobar que a “comunidade” segue sendo un factor diferenciador, único, unha vantaxe competitiva que xa lle gustaría disfrutar a moitas empresas, do sector que sexa, no só o tecnolóxico. E o mellor é que segue empurrando con forza no mundo do Software Libre (SwL).GPUL-Labs

No pasado a comunidade foi menosprezada, insultada, alcumada de anarquista e sectaria, sexa por intereses creados ou por ceguedade. Dá igual a razón. Hoxe só a ignorancia, sempre tan ousada, poría en dúbida ás súas virtudes e alcance. E un bo exemplo é GPUL.

GPUL é un GUGL (tamén GUL ou LUG no seu acrónimo inglés), unha asociación sen ánimo de lucro nacida en 1998 na Facultade de Informática da UDC. Dende o seu comezo caracterizouse pola seu firme compromiso co SwL. Organizan conferencias e eventos, moitos deles internacionais (GUADEC, aKademy, FOSDEM para 2017…); xornadas técnicas (accesibilidade, introdución ao SwL, install party, Xoves Libres, LaTeX, OSM…); colaboran en documentacións e traduccións (os seus asociados impulsaron o Proxecto Trasno); xerme de empresas (Igalia é unha mostra delas; naceu entre os seus asociados, hoxe é unha multinacional que participa na Linux Foundation); e agora temos que engadir GPUL-Labs.

GPUL-Labs arrancou cun obradoiro sobre Python+Git+GitHub con cheo total. Ateigado tambén no segundo, desta vez para programar unha RaspberryPi, e na terceira con Git avanzado. Lóxico, son materias que non se imparten oficialmente na facultade e sen embargo contan cunha ampla demanda, tanto entre estudantes como profesionais en activo. Por suposto, todos os materiais das actividades son compartidos con licenzas libres.

Como GPUL, hai infindos GUGLs no mundo (listaxe demasiado incompleta en LUG list, véxanse apenas as galegas), asociacións e comunidades de proxectos promocionando, impulsando e desenvolvendo SwL.

É a canteira, son afeccionados, impulsores, guerreirxs do SwL e unha das máis claras diferenzas do modelo que distingue ao SwL frente ao do software privativo, tanto que converteuse nunha vantaxe competitiva, unha excelente distinción.

Share

Uso de cookies y aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies