“Cómo vender Software Libre? Por qué `hai que´ mercalo?” foi o título oficial da miña presentación na OpenExpo o pasado 2 de xuño na sala FINODEX.
A miña meta foi aportar unha nova perspectiva á cansina, recorrida e razoada colección de contundentes cualidades que ofrece o Software Libre (SwL). E, polo visto no público, creo que acertei e sorprendín.
Comecei presentando a miña experiencia comercial fóra do ámbito tecnolóxico, meu perfil profesional e a maneira como descubrín o SwL. Foi tal o meu entusiasmo que en pouco tempo me puxen a petar portas para divulgalo: concellos, partidos políticos no propio Parlamento de Galicia e institutos foron as primeiras.