Este é un amplo e detallado conxunto de instrucións con ligazóns ofrecido por Rafa Ávila (@ravilacoya) tralo seu cursiño de introdución a OpenStreetMap durante o Hacking-Rodízio ás preguntas de Dani Espiñeira.
Pregúntome se existe a maneira, ups, perdón, pregúntome como é que se podería facer para consultar todas as ocorrencias dun “tipo de dato”, un… amenity? concreto nun espazo determinado, por exemplo, quero visualizar todos os aparcadoiros de bicis da Coruña, como fago?.
Hay varios xeitos, e depende do que queiras facer cos datos e como visualizalos.
O xeito máis fácil é cos filtros de JOSM. Descargas os datos para a área de interese, e logo filtras os datos nos que estás interesado. Aquí podes ver o resultado. Problema: se colles un área demasiado grande ou simplemente con moitos datos, o servidor OSM non chos vai a dar (obviamente, para non sobrecargar o servidor). Solución: instalar o plugin Mirrored download, e descargar con el (non ten límite, pois usa servidores espello). De feito, con ese plugin podes tamén descargar datos á carta (por exemplo, parkings de bicicletas, poñendo [amenity=bicycle_parking] no campo “XAPI query:”.