Verificar ext4 ou desfragmentar ext4 ?

O paquete e2fsprogs contén un conxunto de programas para crear, escanear, verificar, reparar e manter sistemas de ficheiros ext2/3/4. Se nos atopamos con advertencias durante o arranque ou problemas serios no noso GNU/Linux con este tipo de sistema de ficheros, probablemente o primeiro a ser feito debería ser verificar ext4 e, se non fora suficiente, botar man dos demais programas que inclue e2fsprogs (instalado ou dispoñible normalmente en cualquera distro).

Dúas das tarefas máis comúns empregadas son as destinadas a defragmentar e a de verificar (e reparar) directorios ou particións completas. En cualquera destes casos, sempre se aconsella, ou mesmo se esixe, facelo cos sistemas non montados. Daquela, o ideal é empregar unha imaxe “viva“, por exemplo un usb cunha distribución GNU/Linux que permita seu uso sen ser instalada.

Desde a perspectiva do consumo de tempo, sen dúbida, a primeira operación sería verificar e reparar porque a defragmentación dura demasiado, até días se se trata de discos grandes en equipos algo desfasados.

Verificar ext4

Chequear ou verificar unha partición corresponde a procurar e solucionar problemas no sistema de arquivos. Ao comprobar unha partición tamén se intentará aumentar o sistema de arquivos para encher a partición. Emprégase cando un sistema de ficheiros journal (ext3 o ext4) apagouse incorrectamente.

Exemplo:verificar ext4

e2fsck -f -y -v -C 0 /dev/sda1

-f Forza a verificación mesmo se o sistema semella limpo
-y Asume a resposta afirmativa a todas as preguntas e, deste modo, obvia a interacción con e2fsck
-v Modo verboso, ofrece abuntante información
-C 0 Para que e2fsck imprima a evolución da súa execución (nun terminal)

Tamén podemos optar polo uso da aplicación gráfica GParted. Neste caso o proceso é o que sigue:

GParted > seleccionar partición a verificar > menú Partición > Verificar > Aplicar

Defragmentar ext4

Esta opción, insisto, consume moito tempo, ás veces até días se se selecciona un disco duro completo e ademais grande. O programa e4defrag procura a maior continuidade posible dos bloques no sistema de ficheiros, mellorando, deste xeito, a súa velocidade de acceso. É posible defragmentar una partición o simplemente un directorio o archivo.

Exemplo:

$ sudo e4defrag -c -v directorio/

-c Analiza a fragmentación actual, a ideal a ter e calcula o seu traballo baseándose nisto.
-v Imprime a fragmentación ideal para cada arquivo

En askubuntu tratan este caso: “How to defrag an ext4 filesystem“.

Share

Uso de cookies y aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies