Cómo vender Software Libre?

Cómo vender Software Libre? Por qué `hai que´ mercalo?” foi o título oficial da miña presentación na OpenExpo o pasado 2 de xuño na sala FINODEX.Vender SwL

A miña meta foi aportar unha nova perspectiva á cansina, recorrida e razoada colección de contundentes cualidades que ofrece o Software Libre (SwL). E, polo visto no público, creo que acertei e sorprendín.

Comecei presentando a miña experiencia comercial fóra do ámbito tecnolóxico, meu perfil profesional e a maneira como descubrín o SwL. Foi tal o meu entusiasmo que en pouco tempo me puxen a petar portas para divulgalo: concellos, partidos políticos no propio Parlamento de Galicia e institutos foron as primeiras.

Fun perfeccionando o meu discurso coa experiencia, explicando a públicos atentos que preguntaban as súas dúbidas apenas ao remate das miñas intervencións, ou sexa, tras recibir unha información estructurada. Probei e abordei o asunto desde diversas perspectivas. Gañei visibilidade, pero non só iso.

Con ambos factores clave (público que recibe información estructurada e visibilidade), é doado concluir que empresarialmente dispoñía de importantes vantaxes para comezar o crecimento empresarial. Pero non foi así. Abondou cun cambio de goberno e a crise económica para entrar en pánico. O cambio foi radical, daí a miña advertencia na diapositiva dez.

Con este asfixiante panorama, había que intentar convencer e vender ‘a porta fría’, persoalmente o peor dos escenarios. Cómo facelo? Explicando as marabillas do SwL que todos coñecemos, que todos xa abordamos, do que tanto se ten escrito*, do que tantos casos de éxito hai, o que a propia GNU amosa… en apenas uns intres, a veces até nunha cafetería, e de xeito anárquico? Non! Por favor, non. Farto estou de facelo.

Explicar o resto das diapositivas requeriría máis tempo do que teño e quero adicarlle a esto de ‘vender SwL’. Tan só deixo a miña proposta conclusiva: vende solucións, non SwL.

E, si non che convence, todo ben, segue lendo infinitos artigos*, casos de éxito e mosqueándote cando te inunden a preguntas de todo tipo vomitadas sen control e das que, por suposto, sabes todas as respostas (dígoo completamente en serio).

*Curiosamente catro días despois da miña intervención, un artigo prácticamente co mesmo título foi publicado por Álvaro, un colega co que compartín eventos e cañas 😉

Share

Deixa un comentario

Uso de cookies y aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies