Privacidade? Sen problema, uso Software Libre!

Haberá quen crea isto? Seguro! Igual que hai quen cre que pouco importa sermos vixiados se somos xente do ben. Seguro?

Disfrutamos de múltiples vantaxes grazas a hiper-conectividade que nos brindan computadores, móbiles e internet, a cambio de entregar privacidade, dando dun xeito transparente todo o que facemos, todo! A cousa non só fica por aí pois, apenas sen decatarnos, tamén empregamos tarxetas de crédito, DNIe, nos bancos, supermercados e repartidores de transporte urxente asinamos nos seus trebellos sen que a maioría, por suposto, imaxine o perigo de todo iso. E, claro, aínda hai máis: cámaras nas rúas, nos locais, lectores de pegada dixital, centralitas nos novos coches, GPS, Wi-Fi abertas e gratuitas… e a moda da nube! Que boa é a ubicuidade! Si, tamén deixamos rastros nos nosos documentos e axendas colgados nalgún servizo gratuito, contas de correo-e ou redes sociais. É un sen-fin a engadir ao preciso rastrexo que sofremos a través das comunicacións por móbiles e a nosa navegación por internet. Por algo agora medra a disciplina do Big Data!

A cambio temos unha vida con novas e abundantes vantaxes, que bom!

Somos xente do ben, cal é o problema?

Lamentablemente o grao de inconsciencia é xeral, o cal da a entender que estamos nunha fase desta nova era equivalente á que no seu dia fora a máquina de vapor. Só que a diferenza daqueles tempos aos de hoxe as informacións que damos son acumulativas, vanse sumando e medrando para ter certeza do que facemos e como somos a cada instante. Temos moitos ‘big brothers‘ espiándonos.

É salientable tamén a existencia de espertinhos que, ao meu entender, no mínimo pecan de inconsciencia e falta de humildade: uns por aconsellar sobre seguranza empregando hw e sw privativos “dende o lado do mal”, outros defendendo a capa e espada o SwL até tentar humillar a quen non o fai pero á vez empregando redes sociais espionas e tendo a maioría das vivencias con hw e sw privativo sinaladas nas primeiras liñas deste artigo. Éche o que hai!

Sen problema, uso Software Libre!

Sen entrar en detalles do que significa ter equipos con hardware privativo (a abrumadora maioría) que poden ser cancelas abertas accedendo á nosa privacidade, é tranquilizador empregar Software Libre? Está claro que si, é máis, acho que é unha condición necesaria pero non é suficiente!Firefox en F Droid

Só un par de exemplos. Mozilla Firefox, navegador libre, código aberto, lindo! Pero rastrexa e relata a nosa navegación. Prefires Chrome ou Chromium? Da igual! É a mesma cousa! Por suposto, pior sería usar Safari ou Explorer…

Outro, son dos que prefire usar, sen dúbida, Telegram ao intrusivo Whatsapp. Pero Telegram, sendo declaradamente SwL fai o mesmo que Whatsapp: traballa na ‘nube’, garda nosas conversas en servidores pechados que, aínda baixo hipotéticos acordos de confidencialidade, poden traficar co que escribimos ao usalo. Ademais diso, Telegram aínda amosa partes non liberadas (fonte Wikipedia), por que?

Gustaríame engadir máis exemplos, especialmente no caso Open Source (Código Aberto), pero deixo isto para outro artigo porque, malia que vexamos que o SwL domina o mercado, non é menos certo que xunto a el deixamos de lado capas de hardware e software privativos ademais de todas esas situacións descritas nos primeiros parágrafos que a cotío sucan a nosa privacidade.

Máis información sobre isto

Comezo re-lembrando o que tiven que facer no meu móbil para ter algo de privacidade e a seguir algunhas das novas que fun recollendo nestes últimos tempos sobre a materia:

 

Share

Deja un comentario

Uso de cookies y aviso legal

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies