Haberá quen crea isto? Seguro! Igual que hai quen cre que pouco importa sermos vixiados se somos xente do ben. Seguro?
Disfrutamos de múltiples vantaxes grazas a hiper-conectividade que nos brindan computadores, móbiles e internet, a cambio de entregar privacidade, dando dun xeito transparente todo o que facemos, todo! A cousa non só fica por aí pois, apenas sen decatarnos, tamén empregamos tarxetas de crédito, DNIe, nos bancos, supermercados e repartidores de transporte urxente asinamos nos seus trebellos sen que a maioría, por suposto, imaxine o perigo de todo iso. E, claro, aínda hai máis: cámaras nas rúas, nos locais, lectores de pegada dixital, centralitas nos novos coches, GPS, Wi-Fi abertas e gratuitas… e a moda da nube! Que boa é a ubicuidade! Si, tamén deixamos rastros nos nosos documentos e axendas colgados nalgún servizo gratuito, contas de correo-e ou redes sociais. É un sen-fin a engadir ao preciso rastrexo que sofremos a través das comunicacións por móbiles e a nosa navegación por internet. Por algo agora medra a disciplina do Big Data!
A cambio temos unha vida con novas e abundantes vantaxes, que bom!