Deixo disponible a presentación da miña participación na recente Igaciencia baixo o título “A polémica actualización da Lei de Propiedade Intelectual“.
licenzas
De novo con GPUL
Cría que tan só me subscribira á lista de GPUL (Grupo de Programadores y Usuarios de Linux – FIC da Coruña) o 11/10/99 pero dinme que tamén fun socio!
Durante a miña participación no #XovesLibres o pasado 9 de abril sobre Modelos de Negocio preguntei se podía volver ser socio. Resposta afirmativa! 🙂
Daquela re-estreo a miña condición de socio indo nuns intres ao #XovesLibres sobre licenzas ofrecida por @rrgaioso (aka Rafa Gaioso).